Dosier de actividades e diario de aula - DE Tema 1
No tema 1, «Situacións e variábeis de ensino das linguas estranxeiras», co que inauguramos a segunda materia na que se encadra este blog, a de Didáctica da Ensinanza das Linguas Estranxeiras, analizamos as similitudes e diferenzas que existen entre a adquisición da lingua materna e a aprendizaxe dunha lingua estranxeira; coñecemos os tipos de linguas segundo os contextos de uso, e traballamos cos conceptos de comunidade lingüística, comunidade de lingua e repertorio lingüístico.
Adquisición da lingua materna vs. aprendizaxe dunha lingua estranxeira: un diagrama de Venn
Na primeira sesión traballamos cos contextos de adquisición. Para facer unha construción cooperativa dos coñecementos, levamos a cabo unha actividade baseada no emprego de diagramas de Venn. Para realizala, distribuímonos inicialmente en minigrupos de 3-4 persoas. Eu traballei con Fátima Cristobo Batalla, Noelia García Mouriño e Margaret Rivero Acevedo. Unha vez estes estaban formados, instóusenos en primeiro lugar a realizar unha reflexión individual para atopar posibles diferenzas e similitudes entre os procesos de adquisición da lingua materna e de aprendizaxe dunha lingua estranxeira. A partir desta reflexión, as integrantes do grupo fixemos, en segundo lugar, unha chuvia de ideas conxunta, e despois convertemos esa chuvia de ideas nun diagrama de Venn:
A posteriori, algunhas de nós pasamos a limpo este diagrama debuxado a man nun dixital, deseñado en Canva, de cara a insertalo aquí no blog e que quedase máis claro. Esta é a miña versión:
Diagrama de Venn - DE Tema 1 de Alba Rodríguez González
Por último, fixemos unha posta en común a nivel grupo-aula: por turnos, cada minigrupo foi compartindo en voz alta dúas das características que trazaran para cada sección do diagrama —dúas da adquisición da lingua materna, dúas da aprendizaxe da lingua estranxeira e dúas comúns a ambas— e o docente íaas engadindo a tempo real nun documento creado por el, que despois subiu a Moovi. A medida que o editaba, todas as compañeiras iamos comentando e debatindo as características engadidas entre nós e co profesor, para acadar unha xerarquización conceptual o máis precisa posible e perfeccionar a táboa comparativa final. O documento completo da táboa coas aportacións de todos os grupos é o seguinte:
Esta dinámica recórdame, en certa medida, tanto ao debate piramidal, na división en fases nas que o número de persoas que cooperan vai aumentando progresivamente, que se asemella ás agrupacións ascendentes 2-4-8 daquel; como á técnica do rompecabezas, na que o produto final depende da peza que cada alumna achega e que o conforman, no xeito no que a táboa comparativa final está constituída por aportacións de todos os minigrupos. Ao igual que eses dous métodos, debate piramidal e técnica do rompecabezas, cos que xa traballaramos na materia de Lingua Estranxeira (ver aquí e aquí), estoutra dinámica tamén me gustou moito, polo seu enfoque de construción conxunta do coñecemento, porque fomenta o diálogo aberto na aula e porque converte as participacións de todas en necesarias para as das demais, de xeito que fomenta a escoita activa. ademais, persoalmente, gústame moito a construcción conceptual, así que a elección de elaborar diagramas de Venn como medio para a realizar actividade resultoume motivadora, puntos extra por podermos debuxalo a man. Quédome coas ideas que se comentaron na aula sobre como levar este tipo de diagrama á aula de Lingua Estranxeira na práctica docente futura: para ordear vocabulario en campos semánticos, agrupar pronuncias ou grafías, comparar aspectos gramaticais... calquera elemento que queiramos contrastar se pode beneficiar dun diagrama de Venn. A transición dende os grupos pequenos ao conxunto da aula tamén promoverá a progresiva desinhibición do alumnado.
Chuvia de ideas e mapa conceptual
A segunda sesión comezámola cunha chuvia de ideas, en grupos de 4 ou 5 compañeiras, sobre os factores individuais que consideramos que inflúen na aprendizaxe dunha segunda lingua. Eu fíxena con Fátima Cristobo Batalla, Rosalía Martínez Rodríguez, Paula San Millán López e Margaret Rivero Acevedo e, a partir da posta en común inicial, vertín despois a chuvia nun soporte visual:
Factores individuais aprendizaxe segundas linguas - Chuvia de ideas de Alba Rodríguez González Despois fixemos unha posta en común a nivel grupo-aula, guiada polo docente, que serviu para lanzar a explicación desta parte do tema. O profesor mostrounos este mapa conceptual que agora extraio de Moovi, e que recolle un panorama máis completo e ordenado dos factores que inciden nesta aprendizaxe.
A propósito do mapa, comentamos que é unha boa forma de conceptualizar unha chuvia de ideas co alumnado. Como xa dixen, son unha grande fan da construcción conceptual, e un mapa ofrece un grande número de posibilidades e moita flexibilidade para poñela en práctica co alumnado. Así, permite traballar a comprensión de contidos máis complexos ou extensos, en comparación co Diagrama de Venn que vimos de ver, que é funcional para comparacións e ten unha estrutura máis delimitada.
Técnica do placemat
Avanzamos no tema e indagamos a continuación nos tipos de lingua segundo os contextos de uso. A seguinte actividade que realizamos para fixar esta nova ronda de contidos foi coa técnica do placemat, un modelo deseñada para debatir e consensuar respostas a preguntas en grupo. O docente definiu previamente as seguintes 8 preguntas, subidas a Moovi neste documento que mostro abaixo, e formáronse 4 grupos de 4-5 persoas. Eu traballei de novo no grupo de 5 definido na anterior actividade, e as preguntas que se nos asignaron foron a 7 e a 8. No placemat, cada integrante escribiu a súa resposta a cada pregunta nun dos ocos do bordo, despois de pensala individualmente. Despois, debatemos entre todas as nosas ideas para chegar a un consenso e a unha única reposta final para cada cuestión. Despois, puxemos en común a nivel grupo-aula as respostas a cada pregunta.
Esta técnica é doada de levar á práctica docente, tamén é moi versátil no que a contidos traballados respecta e fomenta, unha vez máis, a participación e a cooperación. Nós debuxamos o modelo a man, como fixeramos co Diagrama de Venn, e destaco de novo este factor plástico-creativo como un aspecto positivo da técnica. Aquí o do noso grupo:
Debate piramidal para elaborar repertorios lingüísticos individuais e o da aula
Para pechar a sesión, traballamos o concepto de repertorio lingüístico mediante a elaboración dun individual e outro común ao grupo-aula. Para isto, empregamos a nosa xa moi coñecida técnica do debate piramidal, esta vez cunha fase inicial individual, para ir buscando os rasgos comúns nos repertorios lingüísticos das parellas, os grupos de catro, os de oito, as dúas metades e o grupo enteiro. Como xa teño comentado por que me gusta e xa fixen antes, nesta entrada, referencia á técnica, déixovos directamente co resultado. Peguei no meu documento o repertorio grupal final, pero deixo tamén enlazado, na captura, o documento de Google Docs no que traballamos nesa última fase.
Como vedes, unha entrada ben cargadiña esta vez, para un tema con moitas novas aprendizaxes. Coma sempre, léovos se me contades que vos pareceron a vós!




Hola Alba,
ResponderEliminarMe encanta tu forma de documentar estas clases! Lo que llama mi atención en la mayoría de las entradas que he leído incluyendo la tuya es el gusto por los diferentes estrategias de colaboración que implementó el profesor Gonzalo. Sin duda, a mí me gusta y recomiendo el diagrama de Venn, es una técnica que ayuda a los alumnos a trabajar en equipo y que contribuye al razonamiento, además es muy adaptable a cualquier tema y en cualquier nivel. Yo recuerdo mucho cuando estudié este concepto en el bachillerato en la asignatura de Probabilidad y Estadística, nunca imaginé que lo seguiría utilizando.
Por otro lado el "Placemat" me agrada también porque fomenta que las clases sean activas, y promueven el pensamiento critico al compartir, sintetizar, revisar y reflexionar la información. Creo que podemos adoptar y adaptar esta técnica en nuestras clases a futuro haciendo resúmenes colaborativos, creación de historias, etc.
Y que decir del debate piramidal que da oportunidad a que cada miembro del equipo contribuya significativamente al debate y adquirir experiencia en diferentes aspectos del proceso. A mi parecer, es una herramienta ideal para promover la comprensión y expresión oral. Tú que piensas? Un saludo!