Publicacións

Dosier de actividades e diario de aula - DE Tema 11

Imaxe
O tema 11,  « A avaliación na aula de linguas estranxeiras »,  reflexiona sobre o lugar que a avaliación ocupa na docencia e  explora os seus tipos e fins e a aplicación de distintas ferramentas en cada caso, como a  elaboración de rúbricas para actividades específicas. Con este último aspecto empezamos a primeira sesión. Rúbrica para a actividade de mediación A primeira actividade que levamos acabo consistíu en elaborar unha rúbrica para  a actividade de mediación que deseñamos para o tema 3  cos mesmos grupos, tendo en conta os criterios que comentamos, entre os que destaca que as cuestións que avaliamos deben ser observables. Esta foi a nosa:     Esta toma de contacto coas rúbricas permitiunos entrar en acción para aplicar as recomendacións de elaboración nunha actividade deseñada por nós mesmas, de modo que as concretamos e as asimilamos. Na segunda sesión, consideramos as decisións que podemos tomar á hora de avaliar, vimos os tipos de avalia...

Dosier de actividades e diario de aula - DE Tema 3

Imaxe
O tema 3, «Estratexias de comunicación. A comunicación oral e escrita e o seu tratamento na aula. Procedementos para o fomento das habilidades comunicativas na aprendizaxe de linguas estranxeiras», constitúe unha ollada ao deseño e emprego na aula de actividades de expresión, interacción, mediación e comprensión, tanto orais como escritas.     A  primeira sesión centrouse na mediación, e fomos realizando actividades para manter a atención e ir asimilando os coñecementos. Sobre a mediación atopei este artigo (1) que recolle actividades e estratexias para incorporar a mediación na ensinanza de LE, no marco do enfoque AICLE, non só para mellorar os resultados senón tamén para atender á diversidade da aula. Actividade introdutoria Primeiro fixemos unha actividade de definición de conceptos básicos, en grupos de 4. Despois, comentamos entre todas e coa docente as definicións para perfeccionalas e aclarar os conceptos que servirían de base para o comprender o resto do tema. ...

Dosier de actividades e diario de aula - DE Tema 1

Imaxe
No tema 1, « Situacións e variábeis de ensino das linguas estranxeiras », co que inauguramos a segunda materia na que se encadra este blog, a de Didáctica da Ensinanza das Linguas Estranxeiras, analizamos as similitudes e diferenzas que existen entre a adquisición da lingua materna e a aprendizaxe dunha lingua estranxeira; coñecemos os tipos de linguas segundo os contextos de uso, e traballamos cos conceptos de comunidade lingüística, comunidade de lingua e repertorio lingüístico. Adquisición da lingua materna vs. aprendizaxe dunha lingua estranxeira: un diagrama de Venn Na primeira sesión traballamos cos contextos de adquisición. Para facer unha construción cooperativa dos coñecementos, levamos a cabo unha actividade baseada no emprego de diagramas de Venn. Para realizala, distribuímonos inicialmente en minigrupos de 3-4 persoas. Eu traballei con Fátima Cristobo Batalla, Noelia García Mouriño e Margaret Rivero Acevedo. Unha vez estes estaban formados, instóusenos en prim...

Dosier de actividades e diario de aula - LE Tema 7

O tema 7, «As linguas estranxeiras como fenómeno global. Experiencias educativas internacionais» comprendeu un panorama xeral dos sistemas educativos de éxito e de múltiples metodoloxías que foron novedosas a nivel internacional. Presentación final da materia A dinámica que se seguiu para este tema foi a realización a nivel individual dunha presentación sobre un debates sistemas ou metodoloxías por parte de cada unha das alumnas de clase. Estas constituíron as presentacións finais da materia. Nun primero momento, cada unha de nós elixiu, dun listado proporcionado polo docente, o tema que máis nos interesaba ou no que preferiamos centrar o traballo. Despois, realizamos a investigación sobre o tema e elaboramos o texto ou o guión, así como a presentación de diapositivas requerida —para a que se podía empregar a ferramenta da nosa elección— pola nosa conta, nas horas de traballo na casa recollidas polo cómputo da materia. A presentación de diapositivas era de entrega obrigatoria, mentres ...

Dosier de actividades e diario de aula - LE Tema 6

Imaxe
O tema 6, «As programacións didácticas vixentes», abrangueu as particularidades máis importates do acceso á función pública docente para o profesorado da nosa especialidade, as linguas estranxeiras, así como o modo de elaboración e de avaliación das programacións e unidades didácticas que requeridas neste proceso. Presentación sobre as principais características das oposicións A primeira parte do tema consistiu, polo tanto, en profundizar nas distintas fases, partes e probas que constitúen o proceso selectivo de concurso-oposición. Detivémonos a analizar como funcionan realmente as oposicións da nosa especialidade en Galicia, para o que empregamos como apoio a presentación de diapositivas «Oposicións: principais características» que está subida en Moovi. A medida que avanzaba a explicación e nós tomabamos algúns apuntes, animábasenos a facer todas as preguntas que precisásemos. O diálogo que se estableceu permitiunos desmentir algúns mitos e aclarar dúbidas que tiñamos sobre este p...

Pequena presentación do Instituto Camões da Cooperaçao e da Língua - LE Tema 4

Imaxe
Unha das institucións que se mencionaron durante a sesión na que tratamos o tema 4, «O ensino-aprendizaxe e certificación de linguas estranxeiras polas institucións internacionais», foi o Instituto Camões da Cooperaçao e da Língua de Portugal. Decidín redactar a entrada deste tema sobre el porque o portugués é unha das linguas nas que máis interesada estou, unha que souben falar de pequena e que pretendo recuperar nos próximos anos, pensando tamén en gran medida na miña formación como tradutora e intérprete. Coñecía o Instituto Camões de xeito lonxano, pero nunca profundizara nos obxectivos que persegue e de que modo, nin nos servizos que ofrece. E que mellor oportunidade que a última entrada desta parte do blog? Decidín, pois, inspirar a miña investigación nalgúns dos apartados delimitados no esquema que seguimos hoxe na clase, na actividade que realizamos coa técnica de grupo de expertos sobre outras institucións deste campo —ALTE, EALTA, EAQUALS e ETS—, para ofrecervos unha...

Visión xeral da evolución do inglés como lingua franca e do que este representa para a diversidade lingüística - LE Tema 3

Imaxe
Unha das cuestións que se mencionaron durante a explicación do tema 3, «Os niveis de referencia de aprendizaxe de linguas e o desenvolvemento de competencias», foi a do establecemento do inglés como lingua franca, un asunto sobre o que me gusta especialmente investigar e debater e que estudei en considerable medida cando elaboraba o meu TFG en Tradución e Interpretación. A día de hoxe, non cabe dúbida de que o inglés se consolidou definitivamente como lingua franca da sociedade actual, globalizada e informatizada.  No ámbito académico anglófono, esta acuñouse  como ELF, English as a Lingua Franca.  Non chama a atención que se dea un fenómeno deste tipo, pois a diversidade lingüística ou multilingüismo, que se pon de relevo de xeito inevitable nunha sociedade destas características, creou sempre un escenario propenso ao desenvolvemento de linguas francas, tal e como recolle Samarin (1962: 660). Todos e todas as estudantes e profesionais das linguas sabemos que, a...