Dosier de actividades e diario de aula - LE Tema 7

O tema 7, «As linguas estranxeiras como fenómeno global. Experiencias educativas internacionais» comprendeu un panorama xeral dos sistemas educativos de éxito e de múltiples metodoloxías que foron novedosas a nivel internacional.

Presentación final da materia

A dinámica que se seguiu para este tema foi a realización a nivel individual dunha presentación sobre un debates sistemas ou metodoloxías por parte de cada unha das alumnas de clase. Estas constituíron as presentacións finais da materia. Nun primero momento, cada unha de nós elixiu, dun listado proporcionado polo docente, o tema que máis nos interesaba ou no que preferiamos centrar o traballo. Despois, realizamos a investigación sobre o tema e elaboramos o texto ou o guión, así como a presentación de diapositivas requerida —para a que se podía empregar a ferramenta da nosa elección— pola nosa conta, nas horas de traballo na casa recollidas polo cómputo da materia. A presentación de diapositivas era de entrega obrigatoria, mentres que o texto ou guión aó había que entregalo se se empregaba durante a exposición oral.

    Por último, a última sesión de clase, a do luns, 18 de decembro dedicóuselle por completo a exposición oral, nun máximo de 15 minutos, da presentación por parte de cada alumna. Foron 8 en total para as catro horas de clase, posto que o Grupo 1 se viu subdividido para a tarefa deste tema: 8 de nós presentamos na sesión de Gonzalo, mentres que o resto das integrantes do grupo presentarán con Carla na súa última sesión, a do mércores, 20 de decembro. Non obstante, requeríase a asistencia plena de todo o alumnado do grupo a todas as presentacións das compañeiras en ambas sesións, así como, cando menos, 1 participación, por parte de cada unha, nas quendas de preguntas das presentacións das demais en ambas sesións, é dicir, 1 participación o luns e outra o mércores cada unha.

    Na clase, as presentacións seguiron a orde da lista de temas, que o docente foi ditando. Cada alumna serviuse do ordenador da aula e o proxector para facer a súa exposición fronte ao grupo. Ao rematar a ronda de aplausos, o profesor indicaba a quen lle tocaba facer a súa pregunta obrigatoria. Cada presentación recibiu entre 2 e 3 preguntas de compañeiras e, ás veces, o docente interviu para facer outra el mesmo, ben dirixida á presentadora ou ao conxunto do grupo, ou para facer algún comentario aclarativo.

    O tema que eu elexín foi «Presentación dun método de ensinanza-aprendizaxe de linguas internacional: a Realista Física Total (TPR)». Elixín este tema porque xa entrara en contacto con TPR durante a investigación que realicei para redactar a primeira entrada deste blog sobre o seu sucesor, o Teaching Proficiency through Reading and Storytelling (TPRS), correspondente ao tema 1 da materia. Empezara a familiarizarme entón con este método e resultárame moi interesante, falara sobre el con algunas das compañeiras, sobre todo con Esmeralda, quen tamén investigara ao respecto, e quedárame con ganas de exploralo en maior profundidade cando rematei a entrada sobre o TPRS; así que foi unha grata sorpresa atopalo na lista de temas dispoñibles para a presentación final. Aínda que rematei non utilizándoo durante a exposición, no meu caso si que elaborei un texto a modo de guión para a miña presentación. Insértoo a continuación da miña presentación de diapositivas, a cal creei con Canva:
Alba-Rodríguez-González_Presentación-TPR de Alba Rodríguez González


    A oferta de temas para as presentacións finais era interesante e completaba moi adecuadamente os contidos vistos ou introducidos en ambas partes das materias, as de ambas as dúas figuras docentes, e nos blogs do alumnado. A dinámica das quendas de preguntas permitiu iniciar un diálogo na aula que ampliou os contidos das presentacións e esclareceu dúbidas. Ao principio aínda non se rompera o xeo, nunha sesión na que, por estar dedicada á tarefa final da materia, había unha certa tensión xeneralizada. No meu parecer e a partir do que se comentou a posteriori, nun primeiro momento colleunos desprevidas e sobresaltounos, en certa medida, que a orde da participación nas quendas de preguntas estivese prefixada, porque posto que todas coñeciamos xa que participar era un requisito, contabamos con facelo a medida que nos viñesen as ideas, máis libremente. Quizais, de termos sabido que este ía ser o sistema, non nos tería causado tanta impresión; non obstante, en retrospectiva, esta decisión asegurou non só a participación totalmente garantida de todas, senón tamén o equilibrio entre as que das de preguntas de todas as presentacións. Así, o diálogo foi contribuíndo progresivamente a crear unha sensación de calma e seguridade na aula que contrarrestou os nervios que habitualmente conlevan as presentacións orais, sobre todo as finais, e nos devolveu ao ambiente habitual do grupo, no que a estas alturas xa temos todas bastante confianza unhas coas outras. Cara o final, o noso ambiente natural xa estaba reestablecido, e en cada discusión inducida por unha pregunta incluso participabamos varias alumnas que estabamos fóra de quenda, ou lle faciamos máis preguntas ao docente durante as súas intervencións, as cales tamén comentabamos. A dinámica animaba estas participacións e creou espazo para crear, realmente, un intercambio de ideas sobre as presentacións a escala grupo, o cal valoro moi positivamente.

Para finalizar, unha vez máis construímos o coñecemento de xeito colectivo, cooperativo e significativo, enriquecéndonos unhas a outras e relacionando os contidos novos cos xa coñecidos. Esta sesión constituíu un peche moi dinámico para esta parte da materia.

Comentarios

  1. Ola, Alba! Moitas grazas por deixar polo blog a nosa disposición a presentación que realizaches para o tema 7 desta materia. Gustaríame aproveitar este apartado de comentarios para felicitarche pola exposición que fixeches no seu día sobre o TPR.
    Considero que as diapositivas que fixeches por medio de Canva foron moi útiles á hora de seguir o teu discurso e, dende logo, moi ordenadas e agradables esteticamente coas transicións que lles incorporaches. Ademais, paréceme un tema moi interesante o que escolliches e creo que o abordaches dun xeito que nos resulto moi fácil de comprender, a pesar de que o TPR sexa un método pouco común e que pode resultar estraño nun primeiro momento.
    Está claro que o TPR é axeitado, máis ben, para nenos e nenas que estean comezando a adquirir unha lingua. Non obstante, chamoume a atención o período de silencio para deixarlle ese espazo necesario a aquelas persoas que necesitan sentir a confianza e a seguridade suficientes na aula para poder falar a lingua en alto. Ademais, ese silencio permite, ao meu parecer, mellorar a concentración do alumnado ao reducir as interrupcións e a adquirir certa autoconciencia corporal. Todo isto reduce o estrés e crea un ambiente máis relaxado e propicio para a aprendizaxe.
    En definitiva, pareceume moi interesante a túa presentación e moi ben executada. Segue así e veremos se aplicamos este método de ensinanza-aprendizaxe algún día nalgún exercicio de aula que planifiquemos 😊.

    ResponderEliminar
  2. Hola Alba!
    Me ha gustado mucho esta entrada del blog y tu presentación de clase. Considero que explicaste a la perfección lo que es el método TPR, ya que lo hiciste de forma muy natural y dando numerosos detalles de cómo llevarlo a cabo en el aula. Este método me parece realmente innovador y puede funcionar para motivar al alumnado. Al igual que tú, yo también dediqué mi primera entrada del blog al método TPRS, ya que me llamaron la atención las diversas técnicas que se pueden usar en el aula gracias a este método y la utilidad que podían llegar a tener con los alumnos y alumnas.

    Además, me parece muy interesante tu reflexión sobre la participación en la sesión de presentaciones. Creo que al principio puede chocar o parecer extraño el hecho de tener que participar haciendo una pregunta cuando el docente nos llama, sin embargo, considero que fue una buena idea para “forzarnos” a participar y a interaccionar con los compañeros y compañeras. A medida que las presentaciones se iban realizando, se creó un buen ambiente que incitaba a la puesta en común de ideas y reflexiones.

    En conclusión, creo que esta presentación nos puede ayudar mucho como futuros docentes para coger ideas útiles e innovadoras para aplicar en nuestras clases y motivar la participación del alumnado.

    ResponderEliminar
  3. ¡Ola, Alba!
    Felicitacións polo ben que fixeches a exposición na clase. Notouse moito que levabas o tema moi traballado que te realmente estabas a falar sobre algo no que estabas interesada. Eu, coma ti, fixen a primeira entrada do meu blog sobre o TPRS e tamén quedara intrigada sobre como funcionaba a metodoloxía do TPR, así que agradecín moito a túa presentación. Con toda a información que nos deches, eu cheguei á conclusión de que, aínda que me parece un método que pode resultar extremadamente útil, penso que no é un método que sexa factible empregar de maneira illada, senón que sería máis beneficioso tanto para os alumnos como para o profesor, empregalo en combinación con outras metodoloxías, xa que me parece que este método require de bastante tempo do que, debido ás horas asinadas ás linguas estranxeira no currículo, os docentes non dispoñen. ¿Ti que opinas sobre o tema? A maiores, coincido contigo con que, retrospectivamente, o feito de que fora o docente o que decidira o orde e quenes interviñan na quenda de preguntas resultou algo positivo porque, como comento tamén no meu blog, forzábanos, de certo xeito, a prestar aínda máis atención ás presentacións dos nosos compañeiros e a miralas cun ollo máis crítico, pensando en que podiamos preguntar. Parabéns de novo polo teu traballo e a túa presentación.
    Un saúdo,
    Paula

    ResponderEliminar
  4. Boas Alba!

    Antes de nada, quería felicitarche pola túa presentación ademais do propio power point xa que me pareceu do máis axeitado, estético e entretido. O tema escollido pareceume tamén do máis axeitado alén de interesante, xa que polo menos eu, non tiña colecemento desta forma de ensinar ao alumnado.

    Despois de revisar a túa presentación recordei que había un período de silencio para que o alumno se correxise a si mesmo e vez de ser a docente quen o faga. Creo que esto xa foi comentando na ronda de preguntas, mais quería resaltar que este silencio por parte da persoa docente poder resultar hostil ou incluso algo impersoal á hora de aprender por parte do estudantado. Sen embargo, non dubido da eficacia deste método, aínda que penso que pode estar destinado a persoas máis novas que están iniciando co idioma.

    En canto ao funcionamento en si das presentacións, como ti dis, houbo unha ronda de prguntas despois da finalización das explicacións. O que máis me chocou foi que o docente elexise a persoa que iba preguntar en cada turno. É certo que así asegurase de que todas participemos, pero penso que ás veces esta obriga de preguntar creaba preguntas menos interesantes ou provocaba que a xente preguntase cousas polas que non estaba interesada, simplemente o facían polo feito de que estaban obrigdas a facelo.

    Ao mellor, dar pé a que todo o mundo participase, sen chamar os nomes podería ter provocado que a xente que realmente lle interesase o tema a falar, fixese preguntas.
    Esto é debido a que había veces que entre a xente que era obrigada a comentar e os que querían preguntar por curiosidade, se alargase demasiado a ronda de preguntas e de fixese máis monótono.

    ResponderEliminar

Publicar un comentario

Publicacións populares deste blog

Dosier de actividades e diario de aula - DE Tema 11

O TPRS, un paso máis alá nas metodoloxías activas - LE Tema 1

Dosier de actividades e diario de aula - LE Tema 6