Publicacións

Mostrando publicacións desta data: 2023

Dosier de actividades e diario de aula - LE Tema 7

O tema 7, «As linguas estranxeiras como fenómeno global. Experiencias educativas internacionais» comprendeu un panorama xeral dos sistemas educativos de éxito e de múltiples metodoloxías que foron novedosas a nivel internacional. Presentación final da materia A dinámica que se seguiu para este tema foi a realización a nivel individual dunha presentación sobre un debates sistemas ou metodoloxías por parte de cada unha das alumnas de clase. Estas constituíron as presentacións finais da materia. Nun primero momento, cada unha de nós elixiu, dun listado proporcionado polo docente, o tema que máis nos interesaba ou no que preferiamos centrar o traballo. Despois, realizamos a investigación sobre o tema e elaboramos o texto ou o guión, así como a presentación de diapositivas requerida —para a que se podía empregar a ferramenta da nosa elección— pola nosa conta, nas horas de traballo na casa recollidas polo cómputo da materia. A presentación de diapositivas era de entrega obrigatoria, mentres ...

Dosier de actividades e diario de aula - LE Tema 6

Imaxe
O tema 6, «As programacións didácticas vixentes», abrangueu as particularidades máis importates do acceso á función pública docente para o profesorado da nosa especialidade, as linguas estranxeiras, así como o modo de elaboración e de avaliación das programacións e unidades didácticas que requeridas neste proceso. Presentación sobre as principais características das oposicións A primeira parte do tema consistiu, polo tanto, en profundizar nas distintas fases, partes e probas que constitúen o proceso selectivo de concurso-oposición. Detivémonos a analizar como funcionan realmente as oposicións da nosa especialidade en Galicia, para o que empregamos como apoio a presentación de diapositivas «Oposicións: principais características» que está subida en Moovi. A medida que avanzaba a explicación e nós tomabamos algúns apuntes, animábasenos a facer todas as preguntas que precisásemos. O diálogo que se estableceu permitiunos desmentir algúns mitos e aclarar dúbidas que tiñamos sobre este p...

Pequena presentación do Instituto Camões da Cooperaçao e da Língua - LE Tema 4

Imaxe
Unha das institucións que se mencionaron durante a sesión na que tratamos o tema 4, «O ensino-aprendizaxe e certificación de linguas estranxeiras polas institucións internacionais», foi o Instituto Camões da Cooperaçao e da Língua de Portugal. Decidín redactar a entrada deste tema sobre el porque o portugués é unha das linguas nas que máis interesada estou, unha que souben falar de pequena e que pretendo recuperar nos próximos anos, pensando tamén en gran medida na miña formación como tradutora e intérprete. Coñecía o Instituto Camões de xeito lonxano, pero nunca profundizara nos obxectivos que persegue e de que modo, nin nos servizos que ofrece. E que mellor oportunidade que a última entrada desta parte do blog? Decidín, pois, inspirar a miña investigación nalgúns dos apartados delimitados no esquema que seguimos hoxe na clase, na actividade que realizamos coa técnica de grupo de expertos sobre outras institucións deste campo —ALTE, EALTA, EAQUALS e ETS—, para ofrecervos unha...

Visión xeral da evolución do inglés como lingua franca e do que este representa para a diversidade lingüística - LE Tema 3

Imaxe
Unha das cuestións que se mencionaron durante a explicación do tema 3, «Os niveis de referencia de aprendizaxe de linguas e o desenvolvemento de competencias», foi a do establecemento do inglés como lingua franca, un asunto sobre o que me gusta especialmente investigar e debater e que estudei en considerable medida cando elaboraba o meu TFG en Tradución e Interpretación. A día de hoxe, non cabe dúbida de que o inglés se consolidou definitivamente como lingua franca da sociedade actual, globalizada e informatizada.  No ámbito académico anglófono, esta acuñouse  como ELF, English as a Lingua Franca.  Non chama a atención que se dea un fenómeno deste tipo, pois a diversidade lingüística ou multilingüismo, que se pon de relevo de xeito inevitable nunha sociedade destas características, creou sempre un escenario propenso ao desenvolvemento de linguas francas, tal e como recolle Samarin (1962: 660). Todos e todas as estudantes e profesionais das linguas sabemos que, a...

O programa PIALE, onde a educación e a inmersión lingüística converxen - LE Tema 2

Imaxe
Cando desenvolviamos  na aula o tema 2, «Marco común europeo de referencia para as linguas. Obxectivos, métodos e prioridades da política lingüística europea», xurdiu o nome dun programa do que nunca oíra falar: o PIALE. Ao longo da nosa traxectoria académica, sobre todo durante a ESO, o Bacharelato e os anos de Grao, mencionáronsenos miles de veces diversos plans deseñados para mellorar o noso nivel de lingua estranxeira mediante a inmersión lingüística, como estudantes primeiro e, despois, con vistas ao noso salto cara o mundo laboral. A moitas de nós incluso se nos ofertaron directamente, e todas coñecemos a alguén que participou nalgún deles ou tivemos esa oportunidade nós mesmas. Non obstante, non foi ata agora, cando estamos case máis preto de ocupar o papel da docente que da maior parte dos nosos anos como estudantes, que coñecín por primeira vez a existencia dun programa que lle ofrece o mesmo tipo de formación ao profesorado. Posto que un dos nosos deberes como d...

Dosier de actividades e diario de aula - LE Tema 5

Imaxe
O tema 5, «O deseño curricular base para as linguas estranxeiras», comprendeu o deseño curricular base definido na LOMLOE para as linguas estranxeiras na ESO, no Bacharelato, na FP e nas Ensinanzas de idioma de réxime especial. Debate piramidal sobre o currículo A primeira actividade que realizamos tiña como obxectivo repasar os conceptos básicos sobre o currículo, a súa definición e os seus elementos, que coñeciamos grazas á materia previa de Deseño Curricular, e levámola a cabo mediante a técnica do debate piramidal.      Esta técnica determinou de xeito inherente a organización do traballo: primeiro fixen unha chuvia de ideas coa miña parella, fixemos un borrador común e reelaborámolo ata obter a versión máis exhaustiva posible no tempo delimitado da definición do currículo e a lista de elementos. Esta foi a que puxemos en común a continuación en grupo de 4 con outra parella e, despois de ler a súa proposta, comentamos se debiamos mencionar ou non os elementos na ...

O TPRS, un paso máis alá nas metodoloxías activas - LE Tema 1

Imaxe
Na segunda sesión de clase que lle adicamos ao tema 1, «O ensino de linguas no presente modelo educativo, estatal e autonómico», mencionouse brevemente o nome dun método que me chamou a atención: o  TPRS, Teaching Proficiency through Reading and Storytelling. Pareceume que sería relevante para os meus intereses, tanto polo vínculo evidente coas linguas e, agora, coa ensinanza, como porque eu mesma me considero toda unha storyteller, así que, que mellor maneira de inaugurar o blog? Púxenme a indagar. O TPRS é un método de ensinanza de linguas no que o alumnado e a docente abandonan en grande medida os libros de texto e os exercicios e regras gramaticais e colaboran, no seu lugar, para crear con apoios xestuais e visuais unha historia ficticia na lingua meta, a cal contextualiza os elementos léxicos e gramaticais que se pretende que asimile o alumnado e serve de base para realizar actividades de speaking, listening, reading e writing . O método céntrase no desenvolvemento da flu...